Unha viaxe cosmopolita cara o son africano máis tradicional

disoc ibibio sound machine

UYAI

Ibibio Sound Machine
Merge Records, 2017

 

Tras o aclamado éxito entre a crítica co seu primeiro álbum no 2014, Ibibio Sound Machine volve facernos viaxar a unha escena dominada polo afro-beat e máis a electrónica dos anos 70 e 80 con Uyai. A banda de orixe británico, coa cantante de ascendencia nixeriana Eno Williams á cabeza, logrou colocarse en pleno centro da tormenta do panorama musical dentro do Afrofuturismo. Esta corrente suscitanos un futuro que nada ten que ver co presente de dominación branca que vivimos actualmente. E precisamente o que fai Eno Williamsms é traernos coa súa voz profunda e potente sons tradicionais da terra dos seus avós fusionándoa con ritmos bailables propios do electro-funk e afro-beat da escena negra máis urbanita.

A banda decide comezar a tentarnos cos dous primeiros singles do novo álbum -Uyai- que fixo público o pasado 3 de marzo. Este nova aposta recolle o son tan característico da banda e remata de pulilo e maduralo. O ritmo acóllenos como ouvintes e nos mostra un son afastado da hexemonía branca que domina a escena actual cunha excelente fusión de pura tradición e ritmo frenético e bailable da cidade. O primeiro corte co que a banda tenta abrir o noso apetito, The Pot is on Fire, é puro afro-beat fusion moi apoiado en ritmos que mesturan o electrónico co acústico e tradicional. Comeza coas percusións do brasileiro Anselmo Netto, que sen dúbida pretende encamiñarnos cara un ambiente tribal pero que en seguida se descobren harmonizadas co son electrónico do sintetizador. Este primeiro single, que se fai público a finais do 2016, demostra xa un son moito máis coidado a nivel de produción no que os sons tradicionais e máis os electrónicos mestúranse con mestría.

Non rematáramos de saborear o primeiro single cando os músicos de Ibibio Sound Machine deixaron caer nas nosas mans o segundo teaser que nos levaría á data de publicación do álbum completo en marzo. Give Me a Reason preséntanos un abanico completísimo de sons: dende a tradición nixeriana coa voz aberta de Eno Williams ata a psicodelia do son escollido para o sintetizador pasando polos grupos de vento metal que tanto evoca ao funk dos años 70.

Sen dúbida, este é un álbum ao que botarlle un bo ollo. Unha proposta moi diferente á música mainstream que domina a escena da industria discográfica occidental. Sexa cal sexa a túa historia e o teu contexto, descubriraste bailando no intre no que Ibibio Sound Machine comece a soar. Sen lugar a discusión, o gran poder da banda británica é facer mover o corpo a calquera.

Uxía Goberna
Alumna de 6ª de G. P. do Cmus de Vigo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *