“Nuestros biógrafos, o han olvidado a los artistas nacidos en Galicia, país a que aludimos, o creen que en las provincias gallegas no existe nada que en la historia pueda consignarse. Si el no figurar los músicos gallegos consiste en lo primero es, sin disputa, una falta imperdonable; si en lo segundo, preciso es que viajen, visiten sus bibliotecas y se enteren con detenimiento de la historia de Galicia, para que de ella puedan hacer un juicio más acertado”.
José M. Varela Silvari (1848-1926)
Nestes clarividentes termos expresábase o musicólogo e musicógrafo José María Varela Silvari nas páxinas iniciais da súa Galería biográfica de músicos galegos, editada na Coruña en 1874, para referirse ao estado de indiferenza en que vivían naquela época os autores máis relevantes da nosa historia1. Coa publicación desta monografía, o polifacético mestre coruñés trataba de rescatar a memoria dun certo número de músicos galegos destacados, nun período comprendido entre o século XIII e a propia data de publicación da obra, tales como Marcial Torres de Adaíl ou Mariano Tafall e Miguel.
Malia que pasaron case cento cincuenta anos desde as reflexións expresadas polo mestre Varela Silvari debemos recoñecer que, no momento actual, moitas das necesidades enunciadas polo autor aínda non foron atendidas. De feito, a historiografía musical que ten por obxecto o estudo dos nosos compositores máis representativos redúcese a un número escaso de traballos que, polo momento, non permitiron o coñecemento histórico nin sociolóxico que estes autores merecen en relación ás súas diferentes achegas á historia da música galega.
O mesmo Varela Silvari podería ser un fiel reflexo desta realidade posto que, como moi acertadamente expón o profesor Luís Costa no seu extraordinario traballo La formación del pensamiento galleguista en Galicia hasta 1936, “su figura bien sería merecedora de un estudio monográfico que abordase conjuntamente las variadas facetas que exhibió: interprete en su juventud, compositor, director de bandas y masas corales, ensayista, miembro reconocido de varias instituciones académicas o empresario de teatros en Barcelona2.
Con todo, podemos pensar que esta tendencia pode dar un xiro importante nos próximos anos posto que na actualidade estanse xestando un certo número de investigacións, suscitadas desde ángulos moi diversos que abarcan desde o predominio da forte tradición historiográfica ata a construción de discursos en clave antropolóxica ou sociolóxica, que probablemente contribuirán, en boa medida, a paliar o baleiro expresado con anterioridade. Nesta mesma dirección, o presente artigo tan só pretende mostrar algunhas anécdotas e curiosidades que chamaron a atención de quen subscribe estas liñas durante diversas fases ou etapas de documentación para outras tantas investigacións e que, certamente, gardan unha relación directa coa historia dos nosos conservatorios de música.
Uns conservatorios, tal e como os coñecemos hoxe en día, que apenas contan con vinte e cinco anos de historia, pero que posúen unhas dilatadas traxectorias como centros de ensino oficiais que se remontan varias décadas atrás ou inclusive, no caso concreto de Pontevedra, ata o ano 18633
Pero comezando pola nosa propia “casa”, debemos lembrar que o Conservatorio de Vigo nace por iniciativa municipal sendo Jesús Fernández de Yepes Cotte ―ao cabo primeiro director—, o concelleiro de cultura Manuel Dorda Estrada e o mestre da Banda Municipal Mónico García da Parra, quen realizarían as xestións pertinentes para a creación dun centro destas características, que se situaría finalmente na rúa Velázquez Moreno, e que vería abertas as súas portas o 26 de outubro de 1956.
Para coñecer os proxectos e ambicións de Yepes tralos seus primeiros anos no cargo gustaríame rescatar, nesta ocasión, algúns extractos dunha entrevista publicada no diario El Pueblo Gallego con data de 21 de novembro de 19684. Naquel momento, o Centro contaba con oito profesores e máis de douscentos alumnos (?), impartíndose as ensinanzas de piano e violín, e o noso protagonista non deixa escapar a ocasión de sinalar que dobra en alumnos oficiais ao de A Coruña, amparándose nesta casuística para solicitar o seu recoñecemento como conservatorio superior:
“—Que nuestro conservatorio sea elemental depende del Ministerio. Vigo, por la cantidad de alumnos que estudian esta carrera, necesita un conservatorio superior. Económicamente, sale prácticamente gratis. Sólo se paga la matrícula, y esta importa la ridícula cantidad de 175 pesetas, por las que se tiene derecho a asistir a todas las clases de un largo curso”.
Noutro momento da entrevista, Yepes insiste coa mesma idea, baseándose unha vez máis na porcentaxe de alumnado e aludindo ao maior interese que suscitaría a posibilidade de impartir clase de todos os instrumentos:
“—¿Qué le falta al Conservatorio de Vigo?
—Sobre todo, ser superior. Al enseñarse la técnica de todos los instrumentos habría más profesores y más alumnos, pues hay espacio para muchos más”
As aspiracións de Jesús Yepes aínda tardarían dúas décadas en verse cumpridas, pois non será ata o ano 1984 cando esta institución se erixa no primeiro Conservatorio Superior de Galicia, adquirindo cinco anos máis tarde a categoría de Conservatorio Estatal dependente da Xunta. Finalmente, no ano 2003, produciríase a separación entre o grao superior e os graos elemental e medio, e o resto da historia é dabondo coñecida por todos. Con todo, non debemos esquecer que figuras como a do noso primeiro director son as que fixeron posible que cheguemos ata onde estamos e que, sen ningunha dúbida, temos a débeda e a obrigación, cando menos moral, de intentar que os nosos centros sexan un pouco mellores cada día.
Volvendo á década de 1950, podemos observar que outro pianista de prestixio, Ángel Brage Villar, libraba unha cruzada moi similar en Santiago de Compostela naqueles tempos, neste caso co obxectivo de transformar a Escola de Música da Real Sociedade Económica de Amigos do País, cuxa dirección ostentaba nese momento, en conservatorio. Os esforzos de Brage veríanse recompensados no ano 1953, cando a Escola convértese no Conservatorio de Música de Santiago, permanecendo vinculado á Sociedade ata 2005.
Sen dúbida, a traxectoria deste músico compostelán é outra das que require aínda de profundos estudos e análises nos seus diferentes facetas artísticas: xestor, pedagogo e, como podemos referendar a partir dun adecuado baleirado da prensa da época, virtuoso pianista:
“El Café Español, que ha presentado siempre en sus locales las mejores orquestas, quiere hacer revivir, a medida de sus fuerzas, las casi olvidadas épocas en que Santiago patentizaba su cultura musical, y aprovecha estos momentos de entusiasmo para hacer destacar la reconocida capacidad de Ángel Brage, que al frente de un sexteto compuesto de los mejores elementos de la localidad, nos permite comprender que no es necesario recurrir a fuera de la región para oir música selecta y delicadamente interpretada.
Hemos escuchado con verdadero deleite el primer programa con que se presenta al público el Sexteto Brage. Partituras de Boieldieu, Bretón, Vives, Soutullo, Gori y Bregel son ejecutadas con una comprensión y uniformidad admirables. Los muchos años de labor de estos apreciados profesores, siempre juntos y siempre bajo una misma dirección, son la clave de esa precisa interpretación que en muy pocas agrupaciones podemos admirar”5.
Sería tamén a mediados dos cincuenta cando un terceiro pianista de renome na época, neste caso concertista internacional, daría os primeiros pasos para lograr a apertura dun conservatorio de música en Ourense; estamos falando de Antonio Iglesias, quen tamén sería fundador de Música en Compostela ou a Semana Religiosa de Cuenca, ademais de crítico musical e autor de case medio centenar de biografías e estudos.
Comecei a interesarme pola figura de Iglesias durante o meu traballo de doutorado sobre a historia da Banda Municipal de Ourense e, máis concretamente, durante o minucioso proceso de documentación que levei a cabo no Arquivo Municipal6. Precisamente nese “fondo”, e entre unha serie de atados en completa desorde, puiden rescatar unha serie de cartas, inéditas e algunhas delas ata manuscritas, asinadas polo propio Antonio Iglesias e, o entón tenente de alcalde, Antonio Vázquez Monjardín, con motivo de crear un conservatorio oficial na cidade das Burgas.
A primeira das misivas que querería reproducir, polo menos en parte nesta ocasión, sería enviada por Vazquez Monjardín a Iglesias, por aquel entón en Madrid, con data de 22 de maio de 1957:
“Querido Antonio:
Antes de entrar en materia para justificar mi prolongado silencio quiero enviarte mi más cordial enhorabuena por tus éxitos recientes en el extranjero. […]
Está tomado el acuerdo por el pleno de ir a la construcción de la primera frase del edificio donde se instalará el Conservatorio, habiendo terminado ya el día 20 el plazo de exposición al público e inmediátamente se sacarán a subasta las obras.
He conseguido que la Diputación Provincial dé, de momento, una subvención de 12.000 pesetas, y que la Caja de Ahorros dé otras 12.000, que con las 20.000 que tenemos consignadas (…) hacen un total de 44.000 pesetas. Estas cantidades tengo la seguridad de que el año próximo serán incrementadas de modo que, si fuera factible que el Conservatorio se abriese en octubre, con cargo a esa cantidad se pagarían sólo las nóminas de un trimestre del profesorado y el resto dedicarlo a la adquisición del material que en los primeros momentos fuese necesario…7”.
A resposta por parte de Iglesias non se faría esperar, enviando a mesma tan só sete días máis tarde:
“Querido amigo:
Por fin tuve tus noticias con la tuya del 22 de los corrientes. Ayer estuve con el Alcalde y, claro está, hablamos del Conservatorio; como quisiera que la cosa no se podía explicar de momento, esta mañana hice un informe, tomando como base para el mismo tu carta, y se lo he entregado. Ya me dirás qué te parece; pero dímelo pronto y no me hagas esperar tanto tus noticias…8”.
E así, en moitas ocasións na distancia, puxéronse os cimentos para que a idea dun conservatorio en Ourense chegase a bo porto, abrindo as súas portas o Centro a finais daquel ano 1957. Tampouco debemos obviar o feito de que a cidade contaba cunha rica vida musical naqueles anos e aínda desde varias décadas atrás: as masas corais, a Banda Municipal ou as agrupacións castrenses cubrían boa parte do espectro artístico, e a iso debemos sumar o importante labor da Sociedad Filarmónica ou El Liceo, que permitirán aos cidadáns asistir a concertos de primeiro nivel dentro do panorama nacional do momento, como o protagonizado o 1 de maio de 1920 pola Orquesta Sinfónica de Madrid baixo a batuta do mestre Arbós9. Ao mesmo tempo, destacan os recitais de importantes concertistas como o pianista José Cubiles ou o violinista Manuel Quiroga, cuxa crítica no diario La Región despexa calquera dúbida sobre a admiración que espertaba entre os melómanos:
“Fue una verdadera solemnidad artística el concierto de anoche. Manolo Quiroga, el coloso del violín, obtuvo ayer un éxito más, y las ovaciones estruendosas con que el numeroso y selecto público le saludó al final de todos los números, bien claro definen el entusiasmo y la emoción que su divino arte causó en cuantos tuvimos la dicha de escucharle.
No vamos a decir ahora como interpretó Quiroga cada uno de los números del programa, ni tampoco a dedicarle elogios y alabanzas, que ha escuchado ya ante todos los públicos y leído en todos los periódicos que de nuestro ilustre paisano han hablado. No acertaríamos a hacerlo.
[…] Marta Leman estuvo a la altura de su marido. Éste es el mayor elogio. Sólo una pianista prodigiosa, como ella es; solo una artista de su talla es capaz de acompañar tan admirablemente a un tan alto violinista…10“.
Centos de recitais como o celebrado en Ourense e toda unha vida, en definitiva, chea de éxitos e galardóns ─entre os que se conta a obtención do primeiro premio no Conservatorio de París con tan só dezanove anos─, son os motivos polos que o Conservatorio de Pontevedra decide aprobar, no ano 2004, que o centro se nomee oficialmente Manuel Quiroga. Afortunadamente, neste caso e no último lustro, si se están a levar a cabo importantes investigacións sobre a traxectoria deste virtuoso, entre as que destaca a tese doutoral do profesor Carlos Cambeiro, que leva por título Manuel Quiroga Losada: Estudio analítico de su vida y obra musical11.
Do mesmo xeito que no caso de Pontevedra, outros centros oficiais apostaron, acabado de entrar o século XXI, por tomar o nome doutras personalidades destacadas da música galega: é o caso dos Conservatorios Profesionais Xoan Montes de Lugo e Xan Viaño de Ferrol.
Xoan Montes foi admirado nas súas diferentes facetas de compositor, director da Banda Municipal de Lugo desde a súa creación o 23 de abril de 1876, director do Orfeón Lucense e pianista oficial do Círculo das Artes, ademais de desenvolver unha intensa actividade pedagóxica. A súa figura foi ampliamente estudada por Juan Bautista Varela de Veiga nun extenso e documentado volume titulado Juan Montes: Un músico gallego12 describíndoo o autor como unha “persona de gran inteligencia y cultura, que tuvo que luchar denodadamente en una sociedad española carente de medios de todo tipo, y en una sociedad local muy atrasada culturalmente”13. No caso de Xan Viaño, estamos falando dun compositor do noso tempo, tristemente desaparecido á prematura idade de trinta e un anos. A súa obra foi tratada polo investigador Carlos Villar-Taboada na súa monumental tese de doutoramento Las músicas contemporáneas en Galicia (1975-2000): entorno cultural y estrategias compositivas14. Chegados a este punto, querería agradecer ao profesor Villar-Taboada o feito de facilitarme un excelente artigo da súa autoría titulado Xoan Viaño (1960-1991) y la investigación de la expresividad musical, do cal procederei a extraer uns brevísimos datos sobre a súa biografía15.
Xoán Alfonso Viaño Martínez comezou os seus estudos musicais oficiais no Conservatorio de A Coruña en 1975, comezando a compoñer dous anos máis tarde, mentres se trasladaba a Santiago para especializarse, ao mesmo tempo, en Historia da Arte Moderna e Contemporánea. Alí coñeceu ao profesor López-Calo e aos directores Joam Trillo e Maximino Zumalave. Posteriormente, asumiu a dirección de diferentes masas corais, emprendeu traballos de investigación e, finalmente, no ano 1986 aprobaría as oposicións a Profesor de Música obtendo praza no Instituto Santa Irene (Vigo). Viaño falecería en 1991, deixando un legado de máis dunha vintena de obras, xa recoñecidas no seu momento con diversos premios e coa súa inclusión en diversos ciclos ou festivais específicos, como o Festival de Música Contemporánea de Alicante16.
E precisamente naqueles anos en que Viaño iniciaba os seus estudos no Conservatorio de A Coruña, o profesor de composición do mesmo, e á súa vez director do Centro, non era outro que o mestre Rogelio Groba.
Falar de Groba é falar de dunha das personalidades máis preocupadas pola modernización e reestruturación da música clásica en Galicia. Catalogado por Tomás Marco como un dos compositores “moderados” dentro da Generación del 51, levou a cabo un labor transcendental como director da Banda Municipal da Coruña e xestor do Conservatorio durante máis de vinte anos, entre outras moitas facetas artísticas. Neste caso, e co obxectivo de coñecer os pensamentos do mestre naquela etapa, procederei a reflectir unha pequena porción dunha entrevista, publicada na revista Ritmo en 1980, con motivo do seu cincuenta aniversario:
“ —X. M. Carreira: Volviendo a ti, ¿qué significa componer en una sociedad musical deficitaria como es la gallega? No me refiero sólo a tu estilo personal, sino que me intereso por el hecho mismo de componer en Galicia.
—R. Groba: Componer e Galicia es componer en la soledad, en la indiferencia, sin acicates de ninguna clase, sin poder apoyarse en un pasado estrictamente galaico. Es suscitar envidias, mimetismos. Es dar lo que no te piden y, como no te lo piden, es pecar de vanidad para los ojos miopes. Es dar pruebas de una férrea esperanza de fe en lo que no voy a ver. Es manifestación de amor a un ente abstracto que se llama Galicia. Es dejar testigos de tu vida espiritual que no sabes por qué se inclina a la crisalización de obras que, a lo mejor y ojalá me equivoque, nunca podrán ser resucitadas de forma que su identificación sea el fiel reflejo de las ideas que las generaron. Es una necesidad más fuerte que la propia voluntad…”17.
En canto ao seu labor como director do Conservatorio, o propio Groba relata nas súas memorias as dificultades que pasou no cargo a mediados dos anos setenta, mostrando sempre unha personalidade inquebrantable ante calquera tipo de adversidade:
“No Conservatorio, o aumento na matriculación de alumnos obrigaba ó aumento de disciplinas e contratación de novos profesores., ó tempo que esixía a mellora das infrahumanas condicións das aulas e do material, os mestres cobraban cantidades ínfimas que debíamos obter polos nosos medios. […] O Centro corría un serio perigo de desaparición e, naquela situación, un simple parche foi a petición dun préstamo por valor de medio millón de pesetas que tivemos que abalar persoalmente o secretario do Centro, Francisco Luis Parga Vila, e mais eu.
E xa que me empeñei en defender a miña xestión do Centro, traidoramente vilipendiada anos máis tarde, aproveitarei para aclarar por qué sempre quixen ser presidente dos tribunais de exame. Non era afán de protagonismo ou control, como alguén dixo. O Conservatorio, fronte á desidia ministerial, convertérase no eido particular dalgúns profesores ó que tiñan acceso os amigos que, previo pago das clases particulares, parecían ter dereito ó aprobado. […] Acabar con esas inxustizas era loitar por un Conservatorio que
fixese honra ó seu apelido de profesional. A eficacia da miña presencia nos tribunáis vén ilustrada por un dato: no primeiro ano de director recibín unha morea de peticións de benevolencia de pais e profesores, sempre rexeitadas; nos seguintes vinte anos, as tentativas non superaron a ducia”18
Con esta última cita autobiográfica de Groba ─e mentres me pregunto, unha vez máis, como é posible que a día de hoxe ningún conservatorio galego leve o nome de tan ilustre representante da nosa cultura (?)─ poño punto e final ao presente artigo coa única aspiración de tratar de recordar, coa necesaria concisión que todo texto esixe, unha serie de presenzas destacadas da nosa particular, rica e relativamente xove historia dos conservatorios de música galegos.
A única pretensión ao reflectir estes humildes apuntes non é outra que tratar de suscitar no alumnado un interese polo estudo dalgunha destas personalidades sobresaíntes, co afán de que se poidan levar a cabo estudos serios e profundos sobre as súas traxectorias e, como non, devolver ao atril moitas desas partituras de Quiroga, Montes, Viaño ou Groba que podemos considerar, sen temor algún a equivocarnos, auténticos tesouros do noso patrimonio musical.
Sergio Noche
Profesor do Cmus Profesional de Vigo
Bibliografía
Cambeiro Alís, Carlos: Manuel Quiroga Losada: Estudio analítico de su vida y obra musical. Tesis doctoral. Director: Carlos Villanueva Abelairas. Santiago de compostela, USC, 2015.
Carreira, Xoan Manuel: “Compositores españoles en la madurez de los cincuenta años (III). Rogelio Groba”, en Ritmo, Septiembre, 1980.
Costa Vázquez, Luis: La formación del pensamiento nacionalista en Galicia hasta 1936. Tesis de doctorado. Santiago: USC, 1998.
Fernández, Manrique: Meditacións en branco e negro. Galicia: Xerais, 1999.
Noche García, Sergio: La Banda Municipal de Música de Ourense en el periodo 1878-1955: Evolución histórica, contexto social y documentación musical. Tesis doctoral. Director: Luis Costa Vázquez. Ourense, Universidad de Vigo, 2013.
Otero Urtaza, Fernando: Del Conservatorio del Príncipe D. Alfonso al CMUS Manuel Quiroga. Pontevedra: Deputación de Pontevedra, 2014.
Varela Silvari, José M.: Galería biográfica de músicos gallegos. A Coruña: Vicente Abad, 1874.
Varela de Vega, Juan Bautista: Juan Montes: Un músico gallego. Santiago de Compostela: Deputación de A Coruña, 1990.
Villar-Taboada, Carlos: Las músicas contemporáneas en Galicia (1975-2000): entorno cultural y estrategias compositivas. Ann Arbor (Mich.), UMI Press, ProQuest, 2007.
Villar-Taboada, Carlos: “Xoan Viaño (1960-1991) y la investigación de la expresividad musical”, en Cuadernos de Música Iberoamericana, 2013.
Archivo Histórico Municipal Ourense: “Carta enviada por Antonio Vázquez Monjardín a Antonio Iglesias con motivo de la creación del Conservatorio de Música de Ourense”. Legajo Personal-89, s/c, 22-05-1957.
Archivo Histórico Municipal Ourense: “Carta enviada por Antonio Iglesias a Antonio Vázquez Monjardín con motivo de la creación del Conservatorio de Música de Ourense”. Legajo Personal-89, s/c, 29-05-1957.
Redacción: “En el teatro. El concierto Quiroga”, La Región, 13-03-1919.
Redacción: “El concierto de la Sinfónica”, La Región, 01-05-1920.
Redacción: “En el Liceo”, La Región, 21-07-1920.
Redacción: “Un gran acontecimiento artístico en el Gran Café Español”. El Compostelano, 18-04-1932.
Redacción: “El Conservatorio de Vigo debe ser reconocido como superior”. El Pueblo Gallego, 21-11-1964.
NOTAS
- Varela Silvari, José M.: Galería biográfica de músicos gallegos. A Coruña: Vicente Abad, 1874; p. 7.
- Costa Vázquez, Luis: La formación del pensamiento nacionalista en Galicia hasta 1936. Tese de doutorado. Santiago: USC, 1998; p. 144.
- Otero Urtaza, Fernando: Del Conservatorio del Príncipe D. Alfonso al CMUS Manuel Quiroga. Pontevedra: Deputación de Pontevedra, 2014; p. 16.
- Redacción: “El Conservatorio de Vigo debe ser reconocido como superior”. El Pueblo Gallego, 21-11- 1964.
- Redacción: “Un gran acontecimiento artístico en el Gran Café Español”. El Compostelano, 18-04-1932.
- Noche García, Sergio: La Banda Municipal de Música de Ourense en el periodo 1878-1955: Evolución histórica, contexto social y documentación musical. Tese de doutoramento. Director: Luis Costa Vázquez. Ourense, Universidad de Vigo, 2013.
- Arquivo Histórico Municipal Ourense: “Carta enviada por Antonio Vázquez Monjardín a Antonio Iglesias con motivo de la creación del Conservatorio de Música de Ourense”. Legajo Personal-89, s/c, 22-05-1957.
- Arquivo Histórico Municipal Ourense: “Carta enviada por Antonio Iglesias a Antonio Vázquez Monjardín con motivo de la creación del Conservatorio de Música de Ourense”. Legajo Personal-89, s/c, 29-05-1957.
- Redacción: “El concierto de la Sinfónica”, La Región, 01-05-1920
- Redacción: “En el teatro. El concierto Quiroga”, La Región, 13-03-1919.
- Cambeiro Alís, Carlos: Manuel Quiroga Losada: Estudio analítico de su vida y obra musical. Tese de doutoramento. Director: Carlos Villanueva Abelairas. Santiago de compostela, USC, 2015.
- Varela de Vega, Juan Bautista: Juan Montes: Un músico gallego. Santiago de Compostela: Deputación de A Coruña, 1990.
- Varela de Vega, Juan Bautista: Juan Montes…; p. 2.
- Villar-Taboada, Carlos: Las músicas contemporáneas en Galicia (1975-2000): entorno cultural y estrategias compositivas. Ann Arbor (Mich.), UMI Press, ProQuest, 2007.
- Villar-Taboada, Carlos: “Xoan Viaño (1960-1991) y la investigación de la expresividad musical”, en Cuadernos de Música Iberoamericana, 2013; pp. 377-394.
- Villar-Taboada, Carlos: “Xoan Viaño (1960-1991) y la…; pp. 378-379.
- Carreira, Xoan Manuel: “Compositores españoles en la madurez de los cincuenta años (III). Rogelio Groba”, en Ritmo, Septiembre, 1980.
- Fernández, Manrique: Meditacións en branco e negro. Galicia: Xerais, 1999.