Nestas, as miñas primeiras inmersións no mundo da composición, decidín estrearme con dous instrumentos que coñezo mellor que outros e que xuntei nesta pequena peza en Re maior.
Unha peza que antepon dous escenarios, dúas realidades ou dúas visións (alá cada quen como queira interpretalo) que se xuntan, aínda que poidan ser moi diferentes. Así como a vida lévanos moitas veces a situacións límites onde temos que tomar unha decisión que pode levarnos a vivir algo completamente novo pero mellor, ou non, ou quizais si, ás veces algo positivo, ou algo negativo, depende tamén de como o vexamos e mesmo o momento porque todo constantemente cambia e o malo pode ter momentos bos ou viceversa.
Para min unha desas decisións foi saír do meu país e deixalo todo atrás. Ao principio foi moi difícil pero non podo negar que desde o día que cheguei a este país que me abriu as portas houbo un desencadear de acontecementos bos e malos, días difíciles e días grandiosos, moitísimos fracasos e algúns outros éxitos, un deles que por fin chegou, foi terminar a miña etapa no Conservatorio Profesional de Música de Vigo.
De aquí lévome grandes recordos, vivencias e amizades. Estou agradecido de ter a oportunidade de compartir con tantos profesores, administrativos e conserxes aos que lles debo tanto. A todos eles, á miña familia e aos meus amigos dedícolles esta peza que non tería sido posible sen o seu apoio.
Espero que mais éxitos veñan por diante para min e para todos, pero nunca nos esquezamos que non son tan importantes as metas cumpridas ao final do camiño senón de como gocemos desa “viaxe”.
Omar Scovino
Alumno de 6º de Grao Profesional