Mulleres na música a través de internet

Hoxe en día o mundo da educación está inmerso nun intenso debate social sobre a igualdade de xénero. Esta problemática afecta a tódalas áreas e materias, e polo tanto tamén á educación artística. Na música son nomes sobradamente coñecidos Franz Joseph Haydn, Giuseppe Verdi ou Richard Strauss. Non obstante deberiamos preguntarnos se pasa o mesmo con figuras coma Francesca Caccini, Alma Mahler ou Nadia Boulanger. Probablemente a resposta sexa “non”. Pois ben, esta cuestión sale a debate nas aulas de música por parte do alumnado continuamente “Profe, e por qué non estudamos a mulleres compositoras? Elas non compoñían? Non interpretaban música?” A resposta é máis complexa que un simple monosílabo.

Como primeiro paso resulta necesario situar ó alumnado nun marco epistemolóxico a partir do cal vaian xerando respostas propias ante preguntas que abordan a complexidade deste tema. Como:

  • Qué circunstancias sociais existiron nas diferentes etapas da historia que puideron dificultar o acceso das mulleres á música?

  • Cando a Musicoloxía nace como disciplina científica, Quenes escriben esas historias e dende qué perspectiva? Ou a partires de qué momento esta situación se revirte a nivel de investigación científica?

  • É igualmente patente a non presenza da muller ó longo da historia noutros tipos de música (jazz, folklore, etc…) E si eso non é así , qué particularidades existen que permitan dar resposta a esta situación desigual?

  • A non visibilidade da muller na música “academica” é igual de palpable en todos os seus ámbitos ou percorridos: composición, dirección, interpretación e danza?

Para dar contestación a estas incógnitas, os e as docentes debemos por a disposición do noso alumnado ferramentas a partir das cales poidan investigar acerca do tema. Internet ofrece algúns recursos web interesantes que poden axudar a cubrir amplamente ese oco. Cabe destacar tres blogs que traballan nesta idea:

  • MYM. Mujeres y música. En forma de manifesto, este blog, de marcado carácter colaborativo, nace co claro obxectivo de facer visible o relevante papel que a muller tivo e ten na historia e na industria musical actual. A través dunha base de datos de mulleres músicas podemos atopar un inmenso catálogo a partir dos nomes propios, dos instrumentos que interpretaban ou interpretan, dos seus estilos musicais, dos países de orixe ou das épocas nas que lles tocou vivir. Cada nome propio aparecen asociado a unha imaxe, os datos principais da artista e vídeos, entrevistas ou documentais que ilustran o seu papel. Unha pestana cargada de clara reivindicación é a chamada Resistencias, onde se destacan proxectos centrados na visibilización do colectivo feminino no panorama musical presente.

  • mujeresinstrumentistas.blogspot.com.es. A súa páxina principal resalta a seguinte idea “esto nace por necesidad de tener referentes femeninos”. Organizado a partir de etiquetas de instrumentos musicais (orquestais, tradicionais ou electrónicos) ordenados alfabéticamente, destácase a traxectoria e labor no ámbito da interpretación musical das mulleres tanto no pasado como no presente.

  • educaconTIC. El uso de las TIC en las aulas. Este blog, con fins marcadamente pedagóxicos, pretende ser un punto de encontro de proxectos educativos levados a cabo nos distintos niveis do ensino con ferramentas variadas (dixitais, colaborativas, plataformas educativas, etc.). Baixo a pestana “La mujer y la música” podemos acceder a un amplo abanico de propostas elaboradas en diferentes centros con perfís moi heteroxéneos.

En definitiva, estes recursos TICS poden funcionar como una boa guía de aprendizaxe para resolver as cuestión inicialmente plantexadas, axudando deste xeito a que o alumnado elabore as súas propias respostas.

Irene Rodríguez

Profesora do Cmus de Vigo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *